cinema transgredindo na rúa. Este martes Barbara Hammer
berinxela
,
04.08.2008, (Id: 16637)
Este martes ás 22:30, na Praza da Oliveira(perto da praza dos Bombeiros, ao carón do bar As Dúas, continúa o ciclo de cinema Feminista Transgredindo.
proxectarase o filme History Lessons de Barbara Hammer
History Lessons/ANO 2000/DURACIÓN 65 min/DIRECCIÓN Barbara Hammer/INTÉRPRETES Ann Maguire, Jane Fine, Coco Fusco, David Del Tredici
Sinopse
Filme irreverente que recupera a historia negada do lesbianismo, centrándose no ámbito estadounidense, a partires da mestura de diversos fragmentos de material de arquivo: cine erótico dos anos vinte e trinta (feito no seu momento para unha audencia exclusivamente masculina), documentais de educación sexual, Leni Riefenstahl, William Wyler, melodramas de serie B, anuncios televisivos ou cine doméstico. Manipula estas imaxes de procedencia heteroxénea coa intención de simular unha maior presenza das lesbianas na sociedade, como sucede co fragmento da Conferencia de mulleres presidida por Eleanor Roosevelt. Toda unha lección de montaxe e de apropiación que ilustra o proxecto desta cineasta feminista de crear un cinema que actúe á vez de forma intelectual e subliminal sobre a mente das espectadoras.
lessons
History Lessons
ANO 2000
DURACIÓN 65 min
B/N e Cor
DIRECCIÓN Barbara Hammer
PRODUCIÓN Anna Viola Hallbero e Barbara Hammer
GUIÓN Ann T. Rossetti e Allyson Mitchell
EDICIÓN Barbara Hammer
ARQUIVISTA Barbara Hammer
MÚSICA ORIXINAL Eve Beglarian, Lisa Ben, Mikael Karlsson, Jean Paul Keenon e Getchen Phillips
DIRECCIÓN ARTÍSTICA Barbara M. Lempel
INTÉRPRETES Ann Maguire, Jane Fine, Coco Fusco, David Del Tredici
Sinopse
Filme irreverente que recupera a historia negada do lesbianismo, centrándose no ámbito estadounidense, a partires da mestura de diversos fragmentos de material de arquivo: cine erótico dos anos vinte e trinta (feito no seu momento para unha audencia exclusivamente masculina), documentais de educación sexual, Leni Riefenstahl, William Wyler, melodramas de serie B, anuncios televisivos ou cine doméstico. Manipula estas imaxes de procedencia heteroxénea coa intención de simular unha maior presenza das lesbianas na sociedade, como sucede co fragmento da Conferencia de mulleres presidida por Eleanor Roosevelt. Toda unha lección de montaxe e de apropiación que ilustra o proxecto desta cineasta feminista de crear un cinema que actúe á vez de forma intelectual e subliminal sobre a mente das espectadoras.
Sobre Barbara Hammer
Barbara Hammer é unha cineasta nacida en 1939 en Hollywood, California. Estudou psicoloxía, literatura inglesa e cine. Casouse aos 30 anos e pouco despois declarouse públicamente lesbiana tras acudir a grupos de liberación femenina.
Hammer é pioneira do cine feminista militante lésbico, sendo considerada a matriarca deste. A súa filmografía está conformada por máis de 80 cortos experimentais, así como vídeos e películas que abordan a identidade lésbica, os roles de xénero, a sexualidade e as relacións entre mulleres, ou temas como a familia e a vellez. Na súa particular forma de facer cine toma como influencia á directora feminista Maya Deren.
A partires da década dos noventa atópase interesada en desvelar a historia oculta do lesbianismo. A súa triloxía documental que agrupa Nitrate Kisses (1992), Tender Fictions (1995) e History Lessons (2000) se caracteriza polo emprego que fai do material de arquivo e xa é considerada todo un clásico na historiografía do cine lésbico. Nitrate Kisses é unha aproximación á cultura gay e lésbica que combina imaxes domésticas con esceas filmadas de catro parellas homosexuais. En Tender Fictions emprega de forma autobiográfica imaxes propias para remitirse a pasaxes da ssúa infancia. En History Lessons ofrece unha lección de montaxe de found footage, xerando un collage sobre a cultura popular lesbiana do século XX. Esta mesma técnica foi usada nunha película anterior,The Female Closet (1998), onde a través de fotografías, películas domésticas, entrevistas e outros materiais visuais exploraba a vida de tres artistas lesbianas: Alice Austen, Hannah Höch e Nicole Eisenman.
Na súa faceta coma teórica, entre os seus ensaios figura «The Politics of Abstraction» en Queer Looks: Perspectives on Lesbian and Gay Film and Video.
Máis info en www.barbarahammerfilms.com
cidade,
05.08.2008 (Id: 11880)
praza da oliveira, compostela