galiza.indymedia.org
Tribus e Culturas Sub’Urbanas :: debate e música :: Martes 3::: a corunha
umha , 02.11.2009, (Id: 21447)


Este martes 3, música e debate sobre a cidade como fogar de tribus, subculturas, ambientes, comúns éticos, intentando superar as análises catastrofistas e
líquidas do lazo contemporáneo, así que lectores de Sennet, Larch, Baumann e demáis deprimidos co mundo posmoderno poden ter unha boa razón para discutir… Da nosa parte atacaremos con escupitazos punks, quejíos flamencos e flow rapero, cando cheguemos nos reconheceredes como a nach, iremos co puño en alto e o pelo afro e chamarémosvos irmáns e irmás.

Se vos parece ben quedamos e enchemos o ATreu! con semelhante
debate o martes 3 de novembro ás 20,30 horas!

Beatriz García e Pablo Panzer, acompanharannos nesta viaxe suburbana, amb*s activistas do bairro de Vallecas e de Lavapiés, participan da editorial Traficantes
 http://www.traficantes.net/, do Rapeadeiro e da Oficina de Dereitos Sociais do C.S. Seco
 http://ods.cs-seco.org/e , e do Observatorio Metropolitano de Madrid
 http://www.observatoriometropolitano.org/, etc, etc
Non faltedes!!
- Caixa dos correios:: csatreu@aderiva.net
WWW:: http://www.atreu.info

punko, 03.11.2009 (Id: 15495)

VÍVEA!